
Galegos, hoxe comezamos unha nova serie de entradas, esta vez dirixidas a un dos nosos bens máis prezados: a nosa fauna.
Aínda que non o pareza, o noso país é moi variado no que a fauna se refire, e toda esa diversidade animal e vexetal non debe quedar no anonimato, o que pasará nunhas poucas xeracións se non o evitamos. Que pasará se a diversidade da nosa terra non é apenas coñecida? Moi sinxelo, amigos, que será ignorada e acabará desaparecendo.
E, así, sen máis preámbulos, comezamos co primeiro animal desta serie: o can de palleiro.
O can de palleiro é un animal autóctono de Galicia e único: non existen dous iguais. Por que é isto?, vos preguntaredes. É simple, o can de palleiro é unha mistura entre outras razas destes animais (sen importar cal sexa), polo que a cantidade de combinacións posibles é enorme. Se a isto lle engadimos que eses cans de palleiro poden ter outros (denominados da mesma forma, obviamente), as combinacións son infinitas.
Así, hai cans de palleiro para tódolos gustos. Por un lado, temos o típico can pequeno pero intelixente, que son usados normalmente como compañía por parte de persoas de idade avanzada; estes especimes son moi áxiles e non dubidan en defender ó seu dono e ós que o rodean (pese ao seu tamaño, para que vexades a súa fidelidade). Por outro lado, temos o típico can grande e de aspecto fero, pero en realidade é un anaco de pan por dentro. Estes animais serven como unha forma de botar ós intrusos das nosas casas e evitar que entren, aínda que a maioría sin incapaces de matar a unha mosca.
E isto, amigos, foi todo por hoxe. Espero que aprenderades unha boa lección e sexades conscientes da importancia destes pequenos (ou grandes) animais, ignorados por moitos pero cunha gran función propia da súa raza: protexernos e acompañarnos. Lembrade que a fidelidade dun can non se mide do "pidighrí", se non que se mide pola súa actitude, así que é recomendable que adoptedes (ou vos regalen, todo é válido) a un destes especímes típicamente galegos antes que mercar unha desas razas modernas e estranxeiras que lle pretenden quitar o posto ó carón da lareira ós nosos queridos cans de palleiro.
Lembrade, galegos, el nunca o faría.